A Gonzalinhas Estudio

No ano 2013, coa axuda de meu irmán Alberto, que é técnico de son, e a compañeira e música Úrsula Rial, bota a andar o proxecto de facer un estudio de gravación na casa familiar das Gonzalinhas en Bermés, Lalín.

O amigo e excelente técnico José Trincado axudounos co deseño acústico dando como resultado unha sala de gravación de 45 metros cadrados con teito de 4 metros e luz natural que cumpría o requisito de poder gravar bandas en directo.

Pouco a pouco e co obxectivo de poder traballar en proxectos alternativos nos que puideramos involucrarnos artisticamente fomos medrando, sen perder nunca o interese inicial de facilitar a proxectos afíns a empatía e o lugar axeitado no que crear música.

Ser unha casa na aldea facilita poder quedar de residencia, facer de comer, gravar a calquera hora, etc. Se queres saber das nosas tarifas, posiblidades de gravación, mestura, etc., podes contactarnos.

Se queres descargar o material do que dispón o estudio, podes facelo aquí.

Gravacións

A continuación podes escoitar algúns dos discos que foron gravados, mesturados e/ou masterizados nas Gonzalinhas, así como vídeos de cancións gravadas en directo no estudio.