BIO

Graduado en Maxisterio pola USC, estuda acordeón diatónico con Pedro Pascual no CMTF de Lalín, institución pioneira na pedagoxía da música popular da Galiza, complementando os seis anos do plan de estudios.

Curso o grao medio de violín na música académica paa despois ampliar estudios de maneira autodidacta nos rexistros das músicas populares. Asiste a talleres de música con mestres coma Jacky Molard, Janick Martin, Alain Pennec, Cari Plana, etc.

Dende o ano 2009 até 2024 é o profesor de acordeón diatónico na E-Trad no concello de Vigo.

Formou parte coma músico, arranxista e productor artístico do grupo Linho do Cuco, formación de murga contemporánea coa que editou os discos Linho do cuco (2004), 3 (2009), As Alegrías (2012) e Viva Viva (2016).

Co zanfonista Óscar Fernández (Os Cempés) formou o dúo de diato e zanfona Fdz e Quintá co que tocaron por diferentes festivais peninsulares entre o 2005 e o 2013.

En 2013 forma xunto a Úrsula Rial (requinta, gaita, voz) o proxecto Estatalá centrado na interpretación de música popular para o baile.

Desde o ano 2007 é músico e actor das compañías de teatro e teatro de monicreques Seisdedos, Viravolta, e Paporrubio, coas que leva participado na creación de máis de 20 espectáculos e máis de 500 representacións por toda a península.

Escribe os textos das pezas teatrais Un Rei e outros animais ( Seisdedos, 2022), e Varietés de Animalario (Paporrubio, 2020).

No 2021 partilla con Pedro Pascual a publicación De Botóns, o máis extenso traballo sobre acordeón diatónico na Galiza. Un cancioneiro con máis de 100 cancións adaptadas ao instrumento.

Tamén en 2021 graba, arranxa e produce artisticamente o disco Peixe do cantante e bailarín Xisco Feijoo, co que ademais actuou en directo.

En 2023 compón cancións para o espectáculo Ceibe de Fran Sieira compañía de Danza, que mixtura e masteriza en As Gonzalinhas.

En 2024 graba e coproduce artísticamente o disco Placa, do grupazo Clo Plas. Actualmente forma parte do grupo Sindicato do folclore, no que canta e toca violín; e Meninos do Pandeiro, acordeón, arranxos e voz.

Imparte aulas de violín en Acentral Folque (Santiago de Compostela) e acordeón diatónico e violín na A.V. de Lavadores (Vigo), e na A.C. vai ranhala meu! (Sedes, Narón).

No seu estudio de gravación As Gonzalinhas sito en Bermés, Lalín, ten gravado e mixturado discos e singles de grupos como: Ataque Escampe (Primeiros Bicos), Miguel Fraile (La guitarra de Marazuela), Xosé Liz (O cantar dos Flautares), Cló Plas (Placa), Xisco Feijoo (Peixe), Linho do Cuco (Viva Viva), Xan Pérez Cuarteto, Keltoi, Comando Curuxás…

info e reservas

foto: Maruxiña