ESPECTÁCULOS MÚSICA

Estatalá

Estatalá nace en 2015 coma un proxecto no que Carlos Quintá e Úrsula Rial buscan novas formas de propostas artísticas alonxadas do concepto tradicional de grupo de música fechado con ciclos discográficos ditados pola industria. Así, móstranse cambiantes en canto ao número de compoñentes ao longo do tempo e permeable a outras disciplinas artísticas coma o teatro popular, a narración oral, o baile, etc, cunha premisa a priori: a frescura e a emoción dun directo moi pensado para goce e participación do público está por riba de calqueira intencionalidade estética relacionada coa forma musical, e libre dos artefactos escénico-discursivos habituais no showbusiness contemporáneo.

Neste período de tempo, levan actuado en festivais coma o Andanças (Portugal), a Zona da Zanfona en Rianxo, o Galician Fiddle en San Simón, o Encontro de danzas do mundo en O Carballiño, o festival de concertinas de Getxo, o festival Alcalá folk, etc., así como nos distintos encontros arredor do Bal Trad que organizan os diferentes colectivos da Galiza como a asociación Monteira, ou aCentral Folque.

Proxectos escénicos

Na actualidade, son dúas as propostas para o directo. Por una banda Úrsula e Carlos a dúo propoñen un concerto pensado para público de tódalas idades, nos que se poderán escoitar asociación de diferentes instrumentos vinculados á tradición: requinta, violín, acordeón diatónico, pandeiros, voces… Tomando como punto de partida a música popular, reelaboran pezas para o baile e o canto, escriben letras para novos romances e enredos reformulándose o concepto de escenario e auditorio facendo partícipe o público en diferentes números do espectáculo, co apoio de marionetas e outros teatrais.

Ademais diso, comparten co reputado multiinstrumentalista Xosé Liz un proxecto de Bal Trad ao estilo europeo. Coa experiencia de tocar en bandas coma Linho do Cuco, Sondeseu orquesta folk, Col&flor, Xisco Feijoo grupo, Lizgairo, etc; levan ós escenarios unha música espida de elementos superfluo, centrada no ritmo, improvisacións e dinámicas que derivan nun concerto intenso e cheo de matices pensado exclusivamente para o goce do baile en comunidade. Durante o mesmo escoitaremos desde muiñeiras ata An dro, Hanter dro, Jigs, Ruskenitzas, Bourrés, Mazurkas….

Descargar dossier

BIOS

Úrsula Rial

Comeza a súa formación artística ós 4 anos anos de idade con mestres do eido da música tradicional galega como Antón Corral ou no Conservatorio Profesional de Vigo, con quen dominou técnicas de afinación e interpretación da gaita galega, percusións e bailes. No ano 2016 é pioneira en acadar o diploma da ETRAD de Vigo como mestra de música folk e tradicional na especialidade de requinta galega, escola na que actualmente é mestra substituta da especialidade, actividade que compaxina coas aulas que do mesmo instrumento imparte na A.C. O Fiadeiro, ademais dos distintos obradoiros sobre frautas traversas que imparte pola península.

Forma grupos musicais como Col&flor ou Estatalá, pensados para as danzas europeas, cos que toca para grandes bailes por toda a xeografía galega. Dende o 2018 participa na creación do estudo musical As Gonzalinhas de Lalín, no que colabora en gravacións de discos como 3 de Linho do Cuco, Primeiros Bicos de Ataque Escampe ou Peixe de Xisco Feijoó. Traballa no espectáculo musical de Carlos Quintá (quita coma) para A Fundación ABanca. Actualmente desenvolve proxectos como Simbiose, entre o baile e a música tradicional, co músico e bailarín Artur Puga.

Xosé Liz

Comeza a súa formación artística ós 4 anos anos de idade enrolándose con mestres do eido da música tradicional galega como Antón Corral ou no Conservatorio Profesional de Vigo, con quen dominou técnicas de afinación e interpretación da gaita galega, percusións e bailes. No ano 2016 é pioneira en acadar o diploma da ETRAD de Vigo como mestra de música folk e tradicional na especialidade de requinta galega, escola na que actualmente é mestra substituta da especialidade, actividade que compaxina coas aulas que do mesmo instrumento imparte na A.C. O Fiadeiro, ademais dos distintos obradoiros sobre frautas traversas que imparte pola península.

Forma grupos musicais como Col&flor ou Estatalá, pensados para as danzas europeas, cos que toca para grandes bailes por toda a xeografía galega. Dende o 2018 participa na creación do estudo musical As Gonzalinhas de Lalín, no que colabora en gravacións de discos como 3 de Linho do Cuco, Primeiros Bicos de Ataque Escampe ou Peixe de Xisco Feijoó. Traballa no espectáculo musical de Carlos Quintá (quita coma) para A Fundación ABanca. Actualmente desenvolve proxectos como Simbiose, entre o baile e a música tradicional, co músico e bailarín Artur Puga.