O galo Quirico é convidado á voda do burro Perico, mais con tantos nervios e ansias de banquete mancha o seu pico… Quen se encargará de limparlle o pico ó galo Quirico para que vaia bonito á boda do tío Perico?
-
Técnica: Marionetas tradicionais con teatriño de cartón e música en directo.
-
Duración: 50 minutos
-
Público: Familiar
Sinopse
Con algúns números de marionetas tradicionais protagonizados por trapecistas, curas, cachiporras, cantantes de ópera, etc., nos que os espectadores participan cantando e danzando, preséntase o conto “O Galo Quirico”, seguindo a versión popular, que á súa vez inspira a publicada por Bernardino Graña.
Unha posta en escena con marionetas e teatrino de carton, formato de espectáculo recuperado pola compañía para esta ocasión, con música interpretada en escena polo acordeonista Carlos Quintá.
-
Actores e manipuladores: Anxo García e Carlos Quintá
Sobre os artistas
Anxo García Fernández
(Lalín, 1956)
Titiriteiro, actor, escenógrafo e director de escena cunha longa experiencia en todos os campos da creación de espectáculos de marionetas. Fundador das compañías Viravolta, Seisdedos e Teatro da Ramboia, que seguen en activo.
Colabora tamén con A Cova das Letras e outras compañías galegas como Os Quinquilláns, Ghazafellos…
É membro activo da asociación Morreu o Demo para a recuperación do títere tradicional galego, realizando investigación e divulgación sobre Barriga Verde, Cristovos e outras formas de títeres tradicionais.
