O sindicato nace a finais de 2022 polas inquietudes dos músicos José Manuel Díaz (contrabaixo), Virxilio da Silva (guitarra eléctrica) e Carlos Quintá (violín e voz); co interese de revisitar o repertorio vocal da música popular galega desde una óptica contemporánea.
Tomando como punto de partida esas cancións do repertorio de canto e percusión de comarcas coma Bergantiños, A Fonsagrada ou os concellos de Fornelos de Montes, Pontecaldelas e Mondariz, quizais as tres áreas máis importantes e de máis riqueza dese repertorio vocal; viaxan a territorios sonoros nos que o jazz, a música africana ou o rock progresivo visten con diferentes cores e matices as melodías máis modais e poderosas da nosa música tradicional. Amais, unha concienzuda e actual escolla e nova escritura de coplas e letras, e un traballo de novas composicións sobre eses ritmos, completan un directo enérxico e impredecible.
https://sindicatodofolclore.bandcamp.com/
https://www.instagram.com/sindicato_do_folclore/
Virxilio da Silva
Iniciou os seus estudos de Jazz en 2001 no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Licenciado en Jazz na ESMAE (Porto, Portugal) en 2010, ten ademais o título de máster polo Conservatorium van Amsterdam (Holanda).
Gravou o seu primeiro álbum 106 Underground St. en 2005, coliderando o S.O.S. Trío. No 2009 lanzou o seu primeiro traballo como líder, Odysseia, acompañado por Walter Smith III, Marcus Gilmore, Derek Nievergelt e Xan Campos. Dende entón conta con preto de corenta referencias discográficas editadas até o día de hoxe, a contar colaboracións para outros artistas e os seus propios proxectos. Actualmente lidera a banda de jazz-rock JUZZ, en activo desde 2018, data de lanzamento do seu primeiro disco homónimo. Tamén colidera outros proxectos entre os que destacan Fuzzo, Loiros, Steel Sheep e The Manueles.
Ó longo da súa traxectoria ten tocado e gravado con músicos de renome internacional como Walter Smith III, Jonathan Blake, Marcus Gilmore, Ambrose Akinmusire, Myron Walden, Abe Rábade, Paco Charlín, Román Filiú, Perico Sambeat, John Clayton ou Darren Barrett, entre moitos outros.
Ademais, conta con diversos recoñecementos, como o Premio Concerto Autor SGAE con S.O.S. Trío (2005), o 1º Premio de Grupos das Escolas de Jazz de Portugal (Lisboa, 2008), o 2º Premio do Concurso Internacional de Grupos de Jazz no XXXII Festival de Jazz de Getxo (2010) co Javier GDjazz Pereiro Quartet, o Premio ó mellor solista nos Keep an Eye International Jazz Awards 2015 do Conservatorium van Amsterdam, e dous Premios Martín Códax da Música en 2014 e 2016 con Mónica de Nut e a banda de rock Foxy Freire respectivamente.
José Manuel Díaz
Nace na cidade de Matanzas (Cuba) no ano 1980. Aos 10 anos comeza os seus estudos de música na Escola vocacional de arte, na especialidade de contrabaixo. Nestes primeiros anos tivo o seu primeiro contacto coa música clásica universal.
Un tempo despois, á idade de 15 anos, continúa estudando na Escola Nacional de Artes, agora na cidade da Habana. Nesta etapa profundiza as habilidades na música clásica e descobre a música popular cubana e o jazz, xéneros que marcarán a súa formación musical até o día de hoxe.
Neses anos en Cuba ten participado en proxectos como Habana Casino (salsa), Son del nene (son cubano e música tradicional), Alejandro Vargas Quartet (Jazz Latino), cos que participa en importantes festivais coma Festival de jazz de Ecuador nos anos 2005 e 2007, o festival de Jazz de La Habana nas edicións desde o 2004 ate o 2008, no Mercado Cultural São Paulo-Bahía ou Festival de Jazz de Noruega.
No 2009 vén á Galiza como parte do proxecto galego-cubano Descarga ao Vivo, centrado na reelaboración das músicas de ultramar galego-cubanas producido por aCentral Folque. Durante todos estes anos, xa asentado na Galiza (ou usas “Galiza” ou “Galicia”, pero mesturado non) ten participado en diversos proxectos, concertos e gravacións de diferentes proxectos, entre os que podemos destacar:
Miniaturas musicais de Eugenio Granell (aCentral Folque); Chané na Habana (aCentral Folque), Marful (disco Manual de Sedución), Ugía Pedreira e Fred Martins (disco Acróbata), Guadi Galego (concerto Festival de Sines, Portugal), Óscar Fernández (Os cempés, Atlántica Vapora Orquestra), Marcos Teira (disco nós), Aline Frazão (disco Clave Bantú), Linho do Cuco, Pablo Seoane (disco Inopia), Felipe Villar trío (discos Home e Outro), Uxía Senlle (Cantos na maré, disco Uxía-Uxío), Sónia Levedinsky (Xira Deserto de Centos), Tanxugeiras (discos Tanxugeiras e Desposorio, Festival de Jodpur Riff na India, Festival celta Celtic Connections en Glasgow, Festival Ortigueira, Festival Intercéltico do Morrazo), Xisco Feijóo (disco e xira Peixe), ou Límbico (disco Límbico).
