No país de Trasdacold o rei Brancoci está namorado dun dos seus súbditos: o burro Careto. Todo transcorre con normalidade na corte ata que o rei promulga un novo Real Decreto: o burro Careto non pode morrer; se chegado o día iso sucedese, aquel ou aquela, encargado ou encargada, de dicir alto e claro que o burro Careto morreu, quedará sen cabeza. Falapouco, Falamoito e Micaela, coidadores do Careto, coa inestimable axuda da parella de alguacivís Zizeñor, veranse envoltos nunha serie de peripecias e aventuras co único obxectivo de salvar as suas cacholas…
- Público: A partir de 3 anos.
- Texto: Carlos Quintá sobre o conto popular “O burro Careto”.
- Dirección: Anxo García.
- Actores e manipuladores: Anxo García e Carlos Quintá.
- Deseño e construcción escenografía e marionetas: Miguel Calvo.
- Composición musical e interpretación en directo: Carlos Quintá.
Anxo García Fernández
(Lalín, 1956) é titirireiro, actor, escenógrafo e director de escena cunha longa experiencia en todos os campos da creación de espectáculos de marionetas, fundador das compañías Viravolta, Seisdedos e Teatro da Ramboia, compañías que seguen en activo na actualidade, colabora tamén en varios espectáculos da compañía A cova das Letras e traballou en diversas ocasions con varias compañías do panorama teatral galego, Os Quinquilláns, Ghazafellos…
É tamén membro activo da asociación Morreu o Demo para a recuperación do títere tradicional galego dentro da que realiza un intenso traballo de investigación e divulgación sobre a figura de Barriga Verde, os Cristovos e outras formas de títeres tradicionais.
