Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo as peras unha a unha. No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo nas cultura galega de tradición oral; os dous vólvense vexetarianos, son rexeitados polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola pereira coas sete peras. Todo isto, acompañados das características humorísticas clásicas da tradición de monicreques galega: os enredos lingüísticos, a cachaporra, a astucia do heroe e do antiheroe…. O punto de partida para este texto orixinal é unha cantiga de tradición oral recollida no libro Músicas do Courel de Xosé Luís Foxo.
- Idea orixinal e texto: Carlos Quintá
- Dirección e dramaturxia: Luchi Iglesias e Carlos Quintá
- Construción de títeres e escenografía: Luchi Iglesias
- Música: Carlos Quintá sobre unha canción recollida no Courel
- Titiriteiros e actores: Luchi Iglesias e Carlos Quintá
